Ourense, un referente galego no mundo das artes escénicas, non se esquece dos nenos. Por iso, coincidindo coas vacacións de Nadal, a quinta edición da MOTI, Mostra de Teatro Infantil, chega a cidade. Marionetas, zancudos, acróbatas e títeres encherán dende o xoves 25 e ata o 30 de decembro o tempo de ocio dos pequenos da casa. Esta mostra, única en Galicia, sitúase como unha aposta tanto do Concello de Ourense, a Deputación Provincial e a Universidade de Vigo por “formar espectadores de teatro desde as idades máis temperás”, explicou Fernando Dacosta, organizador da MOTI e director da Aula de Teatro Universitario.
18/12/2008