“Universidade... e algo máis”, este foi o concepto que Alberto Gago, reitor da Universidade de Vigo transmitiu no relatorio que ofreceu este xoves no Foro La Región. En pouco máis de trinta minutos Alberto Gago, que recoñeceu “estar encantado de poder intercambiar ideas e pareceres”, fixo un repaso aos obxectivos da universidade para o século XXI. Unha mestura de docencia, investigación e transferencia de coñecementos son as misións “dun futuro para compartir con toda a sociedade”, afirmou o reitor.
Alberto Gago, acompañado polo vicerreitor do campus de Ourense e o organizador do Foro La Región, fixo un debuxo claro do que é a Universidade de Vigo, " un espazo recoñecible, unha Universidade de servizos, volcada na empresa e que ten como obxectivo a transferencia de coñecementos".
21/11/2008