Os quilómetros da viaxe ata Lugo e o complicado da cancha foron factores cleves para que o equipo masculino do campus perdera contra o Clube Baloncesto Xove. Porén, o adestrador, Javier Pérez, non esquiva a responsabilidade do resultado xa que “o equipo non estivo ao nivel que debería” comentou. Un marcador final de 69-61 amosou a superioridade do equipo contrario. Os xogadores do Campus Universitario “non estiveron acertados dende fóra e o ritmo do partido, aínda que foi alto, non axudou a meter máis canastras”, afirmou Pérez. Pola súa banda, o equipo feminino acumula unha nova derrota na quinta xornada da tempada tras o partido contra o Ensino Las Candelas. Cun resultado de 58-50, as xogadoras do Campus Universitario, mantéñense no posto 12, o penúltimo da clasificación.
27/10/2008