O director xeral de I+D+i, Salustiano Mato, ademais de representantes doutras entidades, asistiron á sesión de apertura do posgrao interuniversitario orientado a formar especialistas no eido da fotónica e do láser. Nela, ademais de adiantar os contidos académicos, os asistentes percibiron a perspectiva actual deste mercado que move ao ano 2 billóns de euros, a cuarta parte do mercado mundial do automóbil. Dende operar miopía ata soldar carrozaría, múltiples son os eidos profesionais nos que poderán exercer os 24 alumnos matriculados. Pese a que inda non existe un forte núcleo ao que ter como referencia, en Galicia xa son moitos os que coñecen as vantaxes desta tecnoloxía. Algúns exemplos, invitados e presentes no acto a través dos seus representantes, son o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, CTAG, a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste, AIMEN, ou Radiantis.
02/10/2007