As aulas de teatro do campus de Ourense arrancaron este martes a súa actividade. Fixérono cun acto de benvida no que participaron as arredor de 50 persoas, membros da comunidade universitaria e de fóra dela, que este curso académico se inscribiron nalgún dos seus tres niveis: Rosaura, Cordelia e Maricastaña.
16/10/2024