O 2009-2010 foi un curso de cambios para a Universidade e así o salientou na súa intervención a secretaria xeral, Inmaculada Valeije, no resumo da memoria do curso, un percorrido polas cifras, actividades e feitos que caracterizaron o pasado ano académico. Novo reitor, novo Claustro, novo Consello de Goberno, novo logo e imaxe corporativa e moitos camiños por emprender, entre eles, o Proxecto do Campus do Mar, elixido polo Ministerio de Educación para optar ao distintivo de Campus de Excelencia Internacional. Alén das novidades, Valeije constatou que “a Universidade continúa a consolidar a súa capacidade competitiva”.
24/09/2010