Emprender un proxecto empresarial sempre é unha decisión difícil e unha tarefa ardua polas implicacións económicas, profesionais e persoais que supoñen para o seu promotor. Se quen emprende o fai dende unha universidade, que non conta cunha traxectoria profesional previa, o reto é aínda maior. Para orientar e axudar a este colectivo nese proceso, o campus de Ourense conta cun Servizo de Apoio ao Emprendedor, que agora se prepara para axudar aos futuros empresarios a presentarse ás axudas que coma cada inicio de ano convoca a administración. Fronte a un mercado laboral moi restrictivo, o autoemprego parece unha fórmula a valorar.
25/01/2011