Remata o ano, paran as competicións deportivas uns días e é o momento de botar unha ollada atrás para avaliar 2010 e ver como enfocar o novo ano. Os tres equipos de baloncesto do campus de Ourense fan este balance “moi satisfeitos polos bos resultados acadados polos nosos xogadores e con moi boas expectativas para o que queda de liga”, tal e como salienta Luis Pérez, responsable de baloncesto do campus de Ourense. Non é para menos, xa que o equipo masculino remata primeiro de liga e invicto, o masculino júnior de segundo, tamén invicto, e o feminino, recentemente ascendido, está mediada a táboa de resultados.
22/12/2010