Para calquera comunidade perder a algún dos seus membros é o momento máis difícil. Se ademais esas persoas se van cando aínda estaban practicamente comezando a vivir, a tristeza é aínda maior e vén acompañada de frustración e de desconcerto. Con estes sentimentos no corazón, os membros da comunidade universitaria quixeron lembrar este luns no campus de Ourense ás vítimas do accidente de tren acontecido en Santiago de Compostela, con especialmente dor polas alumnas da Universidade de Vigo falecidas, Celtia Uxía Cabido Prado e Eva Pérez Seara, e polo egresado Jacobo Romero Rivera. Arredor dun cento de persoas, docentes, alumnado, investigadores e persoal de administración e servizos, gardaron, xunto ao pai e á irmá de Celtia Uxía, un minuto de silencio na súa honra fronte ao edificio no que ela pasou tantas horas estudando e facendo amigos e amigas.
29/07/2013