80 estudantes da universidade participarán este sábado nun novo roteiro cultural que ten como principal atractivo o santuario de Santa Mariña de Augas Santas. Os participantes sairán ás nove da mañá do campus de Ourense para dirixirse a Allariz, lugar de partida da ruta. Será o comezo dunha andaina de 25 kilómetros e de dificultade media-alta que percorrerá O Rexo, Turzas, Santa Mariña, Soutelo e Allariz. José García Calvo, “Willy”, coordinador da actividade, recoméndalles aos participantes intensificar as medidas contra o frío e a choiva.
13/01/2010