O traballo que en normalización lingüística e proxección internacional da lingua galega realiza a Universidade de Vigo centrou a intervención que hoxe realizou no simposio internacional Ecolingua o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area. Xunto ao escritor Suso de Toro, o membro da Asociación de Tradutores Galegos, Xulián Maure, o doutor e profesor de estudos hispánicos e galegos na Universidade de Cardiff, Craig Patterson, Area participou no relatorio titulado Lingua e proxección internacional na derradeira xornada do simposio internacional que hoxe clausuraron a catedrática da USC, Margarita Ledo e o presidente do IGEA, Anxo Quintana.
19/12/2009