Na actualidade, a Universidade conta con diversas medidas e documentos a prol da conciliación da vida laboral e familiar dos seus traballadores. O proxecto do Plan Concilia, no que a Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes e a Área de Igualdade levan traballando máis dun ano, pretende reunir estas medidas nun único documento de xeito que se unifiquen para que sexan de aplicación xeral a todos os colectivos da Universidade de Vigo.
Aínda que se trata dun proxecto que debe ser negociado cos sindicatos e aprobado posteriormente no Consello de Goberno, a vicerreitora explica que comprende propostas que afectan á maternidade, as familias monoparentais, o coidado de dependentes e as vítimas de violencia de xénero, entre outros casos.
26/02/2010