O reitor Salustiano Mato foi o convidado que escolleu a Cátedra Almirante Álvarez Ossorio para inaugurar o ciclo de conferencias 2010-2011. Presentado polo director da cátedra, José Gabriel Martínez Ratero e en presenza da vicerreitora do campus de Pontevedra, Antonia Blanco, do director da Escola Naval de Marín, Marcial Gamboa e do subdirector de Caixanova, Antonio Gómez Rivera, o reitor dedicou a súa intervención a dar a coñecer o Campus do Mar á sociedade pontevedresa, ofrecendo un relatorio no que debullou a estrutura interna do mesmo, ademais das súas ambicións indicando que “do mar só se coñece un 10%, quédanos por descubrir o outro 90%”.
01/12/2010