A Universidade de Vigo será unha das dez entidades que este mércores recibirá o galardón que outorga o Goberno Municipal de Vigo como agradecemento pola súa labor ao longo dunha parte dos 200 anos de historia da cidade que precisamente se conmemoran este 27 de outubro. Un recoñecemento que cobra a forma dunha réplica da escultura que Silverio Rivas realizou para a Praza do Bicentenario e que supón segundo o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, “ademais dunha honra para a institución a súa entrada na historia da cidade, dándolle valor de fito histórico á súa creación hai agora 20 anos”. Xunto á Universidade, Caixanova, Faro de Vigo, Grupo RadioVigo, Celta de Vigo, Porto de Vigo, PSA Peugeot Citroen, Zona Franca e o naval e o sector pesqueiro- Cooperativa de Armadores, recibirán un galardón.
26/10/2010