Coa vista posta na clasificación para os Campionatos Galegos Universitarios 300 deportistas da Universidade participan estes días no torneo Intercampus que se está a celebrar en Vigo. Baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol, fútbol sala e fútbol 7 son as modalidades nas que compiten os 24 equipos que participan nesta cita, que ten como premio representar á institución os días 9 e 10 de febreiro nos autonómicos que se celebrarán en Ourense. Por iso o pavillón vigués vístese de gala para acoller, durante toda a xornada do mércores e do xoves, partidos de baloncesto, balonmán, voleibol e fútbol sala, este último en categoría masculina e feminina.
02/02/2011