Despois do arranque de liga co empate ante o Marcote A, o equipo de xadrez acadou esta fin de semana a súa primeira vitoria fronte ao “Breogán A”, situándose no 5º posto da División de Honra galega, igualado a puntos co Marcote A e a tan só 2,5 de diferenza co líder da clasificación, o Alexandre Bóveda, que conta xa con 10 puntos. Cun marcador final de 4,5 a 1,5 que amosou a superioridade dos locais fronte ao ascendido Breogán, un dos equipos que loitará por eludir o descenso, Samuel Villar disputou unha das partidas máis complexas se ben, unha vez máis foi capaz de facerse coa vitoria.
17/01/2011