A ninguén lle queda dúbida de quen é o inspirador da doutrina política do rubalcabismo. Calquera sabe que estar flasheado é estar sorprendido. Que un furgonetero conduce unha furgoneta; que é un gafapasta; que un zaplanista é partidario de Eduardo Zaplana e, evidentemente todos sabemos que a un viguista lle gusta Vigo. Todos estes son termos habituais na linguaxe xornalística e tamén son todos neoloxismos. Unha escolma dos moitos que os xornalistas empregan a diario nos máis de 1217 periódicos de España e Hipanoamérica que Mª del Carmen Méndez analizou na súa tese de doutoramento. Entre as conclusións ás que chegou destaca que a sufixación é o proceso de creación de neoloxismos máis produtivo. “Isto vese claramente en palabras rematas en –ismo, -ista, -ero, etc por exemplo para designar partidarios de partidos políticos” (pepero, fraguista, gadafista...), a creación de palabras é case inmedita, “pola urxencia e pola necesidade de impactar”, explica.
20/10/2011