Era algo que os investigadores da rede Hygia viñan afirmando dende fai tempo, pero que agora confirma un estudo con miles e miles de galegos. O único factor que determina o risco cardiovascular real dun paciente é a súa presión arterial durante a noite, non a que pode ter nun momento puntual cando un facultativo lla toma, xa sexa no seu centro médico ou no seu hospital. Por iso para facer un diagnóstico correcto é imprescindible realizar o que se coñece co nome de MAPA, Monitorización Ambulatoria da Presión Arterial, un sistema preciso e non invasivo. Isto é o que debería facerse, pero non o que se fai na maior parte dos casos, pois nestes intres en Galicia o diagnóstico da hipertensión segue realizándose en base á medición en clínica o que provoca, segundo os resultados do proxecto Hygia, que o 48% dos pacientes estean mal diagnosticados e, deles, a inmensa maioría tome a medicación a unha hora equivocada.
07/11/2014