300 persoas, entre profesionais, académicos e académicas e alumnado, daranse o cita os vindeiros 25 e 26 de setembro na Universidade de Vigo no I Congreso Internacional SOS-VICS, Construír pontes de comunicación no ámbito da violencia de xénero, no que se abordarán os problemas, retos e melloras na comunicación coas mulleres estranxeiras que sofren maltrato en España. Este simposio multidisciplinar, que acollerá non só a visión dos e das profesionais da interpretación, senón tamén a das persoas que diariamente atenden ás vítimas e superviventes, é o primeiro centrado en violencia de xénero e interpretación que se celebra no ámbito internacional. A realización deste congreso corre en paralelo ao proxecto SOS-VICS, Speak Out for Support, no que participan nove universidades españolas, coordinadas por Vigo, co obxectivo de mellorar a formación de intérpretes no ámbito da violencia de xénero.
03/09/2014