Videoxogos, simulacións, internet, contidos virtuais, software libre ... As novas tecnoloxías ofrecen unha gran cantidade de novas ferramentas e métodos didácticos, de especial relevancia en pleno proceso de adaptación dos estudos universitarios ao Espazo Europeo de Educación Superior. Este cambio substancial de paradigma ten unha repercusión especial no eido das enxeñarías, un campo no que os docentes están a realizar un inxente traballo para incorporar metodoloxías docentes baseadas na aprendizaxe. Precisamente para realizar unha posta en común das experiencias que se están a desenvolver no ensino, en concreto da electrónica, ten lugar estes días en Vigo o X Congreso TAEE (Tecnoloxía, Aprendizaxe e Ensino da Electrónica.
13/06/2012