Co firme propósito de achegarse, lonxe da disciplina das aulas, a temas de actualidade e de cultura xeral a Universidade consolida este curso o Concello de Nigrán como sede dos cursos de verán, “unha noticia excelente xa que se trata dunha contorna espléndida e moi acaída para este tipo de actividades”, confirmou a vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, Mª del Carmen Cabeza, quen subliñou que tamén haberá actividades no campus e noutros lugares, que inclúen dende a Estación das Ciencias Mariñas de Toralla, ata Baiona ou A Toxa.
26/05/2010