Tomar conciencia do papel fundamental que xogan os biólogos na sociedade actual a través de películas comerciais de contido científico, social e ambiental. Esa é a proposta do Cinefórum de Bioloxía, que chega á súa segunda edición con catro novas películas centradas no abuso da comida rápida, na superación de retos, no cambio climático e na denuncia social. “O coidado do medio ambiente, a educación ambiental e o uso sostible dos recursos deben constituír unha prioridade formativa dos alumnos de Bioloxía e unha responsabilidade que temos os profesores da Universidade como educadores das xeracións futuras”, asegura María Jesús Iglesias Briones, profesora e unha das organizadoras das xornadas.
16/11/2012