Xunta de Galicia, empresas, centros de investigación e universidades da man para converter ao sector da saúde en motor de emprego e fortalecemento económico de Galicia. Con este idea nace o Clúster Saúde de Galicia, presentado este mércores pola conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, para desenvolver a excelencia empresarial no eido da saúde e a innovación, agrupando as áreas de biomedicina, biotecnoloxía, tecnoloxía médica, alimentación, farmacia e servizos de saúde. Segundo explicou a conselleira, o Clúster Saúde nace como unha aposta pola innovación e a internacionalización das empresas, universidades e centros de coñecemento da Comunidade Autónoma.
21/09/2011