Máis de 600 páxinas cunha extensa sección dedicada ao estudo da morfosintaxe da lingua especializada para o “cultivo eficaz do galego”. Así chega ata as librerías a segunda edición do Manual de Galego Científico. Elaborado polos profesores Carlos Garrido, da Universidade de Vigo, e Carles Riera, da Ramón Llull de Cataluña, o libro pretende convertese nun compás que guíe a redactores técnicos, docentes, investigadores, tradutores, xornalistas ou a lingüistas no arduo camiño de comunicar ciencia e tecnoloxía en galego. “Ten unha representación moi pobre neste ámbito. En Galiza incriblemente non dispoñemos de prospectos en galego, e digo incriblemente porque vivimos nunha sociedade bilingüe, cun idioma cooficial, pero un documento de carácter tan crítico como pode ser a información sobre un fármaco non vén en galego”, subliña Garrido.
19/05/2011