A dependencia dos combustibles fósiles como fonte de enerxía é unha das principais causas que contribúen a incrementar o impacto do cambio climático, cuxos efectos déixanse notar non so medioambientalmente, senón tamén nos ámbitos social, económico e ético, e que precisa de avaliación e estudo para establecer políticas correctoras a todos os niveis. Con este obxectivo, o catedrático de Economía Aplicada da Universidade, Xavier Labandeira, será un dos 831 especialistas que participarán na elaboración do quinto informe do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático (IPCC) da ONU, un documento vital para o establecemento de futuras medidas que axuden a mitigar este problema, e que se agarda estea rematado no ano 2014.
28/06/2010