Un millón de euros é a cantidade que o Ministerio de Ciencia e Innovación achegará á Universidade de Vigo para que a institución poda desenvolver o seu traballo como responsable europea do proxecto que a Axencia Espacial Europea (ESA) achega ao programa Humsat e que ten como obxectivo a creación dunha constelación de nanosatélites en cooperación con países en vías de desenvolvemento e aplicacións en comunicacións, telemedicina, monitorización de cambio climático e educación. O compromiso do Ministerio de Ciencia e Innovación foi confirmado polo reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, nunha comparecencia na que demandou a participación da Xunta no consorcio que fará viable economicamente o proxecto que ten un custo total de dous millóns de euros para os vindeiros catro anos.
18/03/2010