DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Esta fin de semana tamén se celebrou o CEU de triatlón, no que se acadou un 16º posto

O Campionato de España Universitario de judo deixa dous bronces para a Universidade de Vigo

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 13/05/2019

Nesta recta final de curso sucédense os Campionatos de España Universitarios dos diferentes deportes, tanto individuais como colectivos. Na pasada fin de semana, a Comunidade Valenciana acolleu os CEU de judo e triatlón, nos que a representación da Universidade de Vigo acadou dúas medallas. 

En concreto, no CEU de judo, que tivo como sede o pavillón polideportivo da Universitat Politècnica de València, Anxo Fernández Moscoso obtivo un bronce en -100Kg e Brais Pereira Amorín outro en -90Kg. Ademais, Hugo Henriques foi 5º e Adrián Uzal 7º.

A outra das citas da fin de semana foi en Cullera, no CEU Triatlón, no que a única representante da Universidade de Vigo, María Lois Abal, obtivo unha excelente 16ª posición, destacando principalmente no segmento de natación e nas transicións. A proba de natación tivo lugar na praia de Cullera, o circuíto ciclista foi plenamente urbano con catro voltas a un circuíto de 5 km e, finalmente, a carreira a pé contou de dúas voltas de 2.5 km polo paseo marítimo de Cullera.