DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Será o mércores 19 de outubro ás 20.00 h

O campus acollerá un partido benéfico contra o cancro de mama

O prezo da entrada é de 5 euros que serán doados integramente a Aecc Ourense

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Institucional
DUVI Ourense 14/10/2022

O vindeiro mércores, 19 de outubro, o campo de fútbol-rugby do campus de Ourense acollerá un partido benéfico contra o cancro de mama organizado pola Asociación Española Contra o Cancro en Ourense, coa colaboración da Vicerreitoría deste campus. A iniciativa celébrase co gallo do Día Internacional de Loita contra o Cancro de Mama e nela participarán os equipos Club EFF Rosalía e Mulleres de Ourense, formado este último por mulleres de diferentes colectivos sociais da cidade, como a política, a comunicación, o empresariado ou a sanidade.

A competición arrancará ás 20.00 h e o prezo da entrada é de 5 euros, que se destinarán integramente á Asociación Española Contra o Cancro en Ourense. Ademais, hai unha fila cero para as persoas que queiran facer doazóns a través da conta bancaria. A actividade ten como obxectivo contribuír a visibilizar a loita contra o cancro de mama e nela colaboran, ademais da Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Ourense, a Deputación de Ourense e os diferentes grupos políticos municipais. A iniciativa forma parte da campaña O rosa é máis que unha cor, desenvolvida co gallo do día internacional desta enfermidade e destinada a fomentar a investigación neste eido e mellorar a vida das persoas afectadas.