DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O podio foi para os xogadores Artai Bringas, Xulio del Prado e Miguel Reza

O campus acolleu a final do Torneo Provincial Absoluto de Xadrez

Os equipos do Universitario de Ourense tamén disputaron a terceira xornada de liga

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 13/03/2023

O Edificio de Ferro do campus de Ourense acolleu este domingo a fase final do Torneo Provincial Absoluto de Xadrez, quedando campión Artai Bringas (xogador de Benchoshey), subcampión Xulio del Prado (do Xadrez Ourense) e nun terceiro posto Miguel Reza (do Universitario de Ourense). Ademais, os diferentes equipos do campus de Ourense que esta tempada participan na Liga Galega de Xadrez por Equipos de Club 2023 disputaron este sábado a terceira xornada de competición, sumando cada un deles unha derrota. En primeira división, o Universitario de Ourense A perdeu en Vilagarcía de Arousa contra CXF-Espazo Xove por 3,5-0,5, con táboas de Brais Gerpe e derrotas de Marcos Reza, Miguel Reza e Rodrigo Arias. Xa en segunda división, os dous representantes do campus perderon pola mínima. O Universitario de Ourense B perdeu na súa visita a Ateneo de Ourense por 2,5-1,5, con vitoria de David Feijoo, táboas de Laura Martínez e derrotas de José Antonio Álvarez e Adrián González. Pola súa banda, o Universitario de Ourense C perdeu en Chantada contra Círculo Chantadino de Xadrez C por 2,5-1,5, con vitoria de Lino Hermida, táboas de Julio César Pérez e derrotas de Nuel Vázquez e Sergio de Soto.