DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Máis de 500 deportistas participarán na competición que terá lugar este domingo

O campus colabora coa Copa de España de Ciclocross

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 27/11/2019

Máis de 500 deportistas competirán este domingo, na contorna do campus e da Illa das Esculturas, na Copa de España de Ciclocross, unha proba deportiva de carácter internacional da categoría C-2, que terá a súa saída e meta no campus pontevedrés, e que se verá precedida, o sábado, pola celebración dunha proba da Copa Galicia, na que a organización prevé reunir preto de 400 participantes. Estes dous eventos deportivos foron presentados este mércores no Concello, nunha rolda de prensa que contou, entre outros, coa participación do tenente de alcalde, Tino Fernández; a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías; o vicerreitor do campus, Jorge Soto, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz. “Pontevedra é tamén o campus do deporte”, salientou Soto nunha presentación na que puxo de relevo a vocación de colaboración coas diferentes institucións e de apoio ao deporte da Universidade, que colabora tamén co evento cedendo os espazos das facultades de Fisioterapia, onde se situará a oficina permanente do evento, e de Ciencias da Educación e do Deporte.