DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O alumnado do Programa para Maiores festexou na EE Forestal o final dun ciclo formativo

O campus felicita a 24 novos graduados e graduadas sénior con moito que achegar á Universidade

Tiveron como padriño ao profesor Adolfo Cordero

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 28/06/2018

Nunhas semanas marcadas polos actos de graduación das diferentes titulacións, o campus pontevedrés recoñeceu tamén este xoves o esforzo e implicación do seu alumnado máis veterano, o dos 24 alumnos e alumnas do Programa para Universitario para Maiores. Nunhas semanas marcadas polos actos de graduación das diferentes titulacións, o campus pontevedrés recoñeceu tamén este xoves o esforzo e implicación do seu alumnado máis veterano, o dos 24 alumnos e alumnas do Programa para Universitario para Maiores que, tras completar os ciclos intensivos e integrado deste programa, convértense en novos graduados e graduadas sénior e graduados e graduadas superiores sénior. Todos eles recibiron nesta xornada na Escola de Enxeñaría Forestal as verbas de recoñecemento do vicerreitor de campus, Jorge Soto; da vicerreitora de Captación de Alumnado e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, da concelleira de Educación, Carme Fouces, e do novo coordinador do programa en Pontevedra, José María Pazos, así como do presidente da asociación de alumnado sénior do campus, José María Fernández, e do padriño académico destas novas promocións, o profesor Adolfo Cordero.

Nun acto que se completou coa actuación do coro do campus e no que os alumnos Miguel Ángel Yebra e Rubén Pascual tomaron a palabra en representación da XIV promoción de graduados sénior e da XII promoción de graduados superiores sénior, o coordinador do programa incidiu en que esta graduación tiña algo de diferente. “Outras simbolizan o paso a un mundo laboral, un cambio de estudante a profesional, pero este marca un punto e seguido, xa que a Universidade segue contando con vós”, salientou Pazos a un grupo de novos graduados e graduadas “que aínda tedes moito que achegar á Universidade desde as vosas experiencias e vivencias”.