DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Coincidindo con San Leandro, a EE Forestal acolleu unha homenaxe ao persoal falecido

O campus lémbrase daqueles e daquelas que xa non están

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Institucional
DUVI Pontevedra 30/03/2023

Desde 2013, a celebración do día de San Leandro como patrón da escola vese complementada na EE Forestal por un acto de homenaxe ás e aos integrantes da comunidade universitaria falecidos. Ante a placa na súa honra instalada desde hai unha década na planta baixa do centro levouse a cabo este xoves unha ofrenda floral, que se viu complementada coa actuación dos integrantes da Aula Permanente de Música Tradicional do campus e polas intervencións da vicerreitora, Eva Lantarón, e a subdirectora da escola, Ángeles Cancela. “Esperamos que este acto de lembranza tan entrañable siga realizándose ano tras ano”, salientou Lantarón, que lembrou que este encontro, que se ve sucedido por un xantar de confraternidade, permite reunir cada ano a profesorado e persoal de administración e servizos de diferentes centros, “e ao final iso é o que fai equipo, que sexamos todos Universidade de Vigo”. Nese mesmo senso, Cancela tamén agradeceu a continuidade deste acto en recordo “das persoas que xa non están”, que se completou coa ofrenda floral que realizaron a catedrática de Psicoloxía Xurídica do Menor Francisca Fariña e un estudante da escola.