DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Caeu 58-64 ante o Peleteiro

O Campus mellora o seu xogo pero non logra acadar a ansiada vitoria

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
Marta Casanova DUVI 21/01/2008

O Campus segue sen levantar cabeza e nesta xornada volveu caer ante o Peleteiro por 58-64. Sen embargo a nota positiva púxoa a igualdade do encontro, propiciada por unha mellora no xogo dos de Nino Santos. O adestrador comentou que “o partido estivo nivelado, imos mellorando pero houbo tres claves que nos levaron á derrota: perdemos moitos balóns, pitáronnos o dobre de faltas que a eles e desconcentrámonos nos últimos minutos”. Precisamente a escasos minutos para o asubío final, os do Campus gañaban de cinco puntos pero un exceso de tensión e nervios fixo que os xogadores se foran do partido.
A xornada significou tamén o debut da nova fichaxe, o pívot Manute, que “estivo moi ben pero que como está de Erasmus en Oporto, unha vez remate as vacacións non vai ter tanta continuidade”, comentou Santos. No partido faltaron Vaca e Diego, por lesión.
O vindeiro encontro terá lugar o domingo pola tarde en Lugo ante o Estudiantes e dende o Campus Universitario o encaran “agardando regularidade, a ver se por fin podemos gañar” dixo o adestrador.