DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Campus de Ourense perde, na cuarta xornada, ante o Cambados

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
DUVI DUVI 22/10/2007

O Campus de Ourense masculino caeu esta fin de semana ante o Cambados por 86 a 70. O equipo de primeira nacional conta xa con catro derrotas fronte a unha vitoria. Os de Xulio González, realizaron un bo papel durante a primeira parte do encontro, pero a vantaxe acadada polos de Cambados no terceiro cuarto foi imposible de remontar. Segundo o adestrador, “o primeiro cuarto estivemos moi igualados, no segundo marcharon de 8, pero no inicio do terceiro cuarto acadaron unha vantaxe de 20 puntos á que non fomos quen de facer fronte; foron superiores tanto no xogo interior como por fóra”.
O vindeiro encontro do Campus de Ourense será o próximo domingo ás 17:00 horas ante o Foz no pavillón universitario. A priori “trátase dun rival do noso nivel”, destaca o adestrador, polo que semella que pode ser un partido moi interesante ante un rival directo.