DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Cunha mesa informativa da Asociación Española contra o Cancro de Ourense

O campus súmase ao Día Mundial sen Tabaco

Nela recolleuse sinaturas para a iniciativa cidadá que quere unha Europa sen fumes en 2030

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Divulgación
  • Saúde
  • Institucional
DUVI Ourense 31/05/2023

Este mércores 31 de maio celébrase o Día Mundial sen Tabaco. Co gallo desta data, a Asociación Española contra o Cancro de Ourense achegouse ao campus para, nun posto situado na entrada da Biblioteca Rosalía de Castro, lembrar á comunidade universitaria, con especial atención á xuventude, a importancia dunha vida sen tabaco. Fumar, lembraron, estímase que causa  en España máis de 50.000 mortes anuais (o que significa unha morte cada 11 minutos) e está relacionado con 16 tipos de cáncer, sendo responsable do 84% dos casos de cancro de larinxe, o 82% dos de pulmón e case o 30% do total de casos. Ademais de recibir información xeral sobre as consecuencias do tabaco e lembrar a necesidade de continuar liberando espazos públicos de fumes, no posto da AECC incidiuse en facer consciente á mocidade sobre a realidade do impacto na saúde dos novos dispositivos para fumar. Tamén se recolleu sinaturas para a iniciativa cidadá europea Unha Europa sen Tabaco, que se marca como obxectivo acadar a primeira xeración libre de tabaco para o ano 2030.