DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Esther de Blas recibiu ao seu responsable en Ourense e á súa vicerreitora de Investigación

O campus e a UNED estreitan as súas relacións

Na reunión destacaron a sinerxía de colaboración existente entre as dúas institucións

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Institucional
DUVI Ourense 28/10/2021

Este xoves Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, reuniuse con Rosa María Martín Aranda, vicerreitora primeira e vicerreitora de Investigación, Transferencia do Coñecemento e Divulgación Científica da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), e con Jesús Manuel García, director de UNED Ourense. Durante o encontro, que tivo lugar na sede do campus de Ourense, destacouse a sinerxía de colaboración existente na cidade de Ourense entre as dúas institucións académicas e o desexo de continuar estreitando as relacións existentes no eido institucional e académico.