DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Venceron 77-62 ao Vilalba

O Campus Universitario de baloncesto consegue a esperada victoria

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
Marta Casanova DUVI 10/03/2008

Despois de 14 derrotas consecutivas o Campus Universitario acadou a primeira victoria do ano. O resultado, 77-62 ante o Vilalba evidencia as melloras no xogo que o seu adestrador, Nino Santos viña anunciando. “Xogamos moi ben, fixemos un partido cun bo ritmo de xogo e cando se presentou o momento de sempre, de estar case empatados a poucos minutos do final, en vez de virnos abaixo como viña sendo habitual, viñémonos arriba e conseguimos vencer” dixo.
“Eles eran máis grandes e pesados polo que comezamos perdendo os tres primeiros minutos pero cambiamos o planeamento e conseguimos estar o resto do partido por diante” explicou Nino Santos. De todos os xeitos, aínda hai cousas que mellorar, “eles foron superiores en veteranía, tamaño e nos rebotes” dixo o adestrador.

Próximo partido ante o Lasalle

A vindeira oportunidade de gañar e comezar unha racha positiva será en Santiago ante o Lasalle o vindeiro sábado 15 ás 20.15 horas. Na capital de Galicia os do Campus buscarán a victoria para ir saíndo do último posto da clasificación no que se atopan.