DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Venceron 54-60 ao Recimil

O Campus Universitario consegue unha victoria en Ferrol nun encontro moi igualado

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
Marta Casanova DUVI 21/04/2008

O Campus Universitario acadou ante o Recimil en Ferrol unha victoria por 54-60, nun partido que o seu adestrador en funcións, Roberto Pérez, definiu como “moi igualado”, xa que en ningún momento a diferencia de puntos entre ambos equipos foi moi evidente. “Durante todo o encontro estivemos á par, sen vantaxe clara para ningún dos equipos, pero entramos no último cuarto por diante no marcador e, pese a que xogabamos cun quinteto bastante baixo en xeral, conseguimos levarnos o partido” explicou. En canto ao xogo que se viu na cancha, Pérez dixo que “sobre todo na segunda parte, mantivemos un bo ritmo e xogamos bastante ben. Controlamos o partido e eles, que podían clasificarse para a fase de ascenso se gañaban, deixáronse levar pola presión”. Ademais, “ao ser máis grandes, empezaron a sacar vantaxe interior, e obsesionaronse con ese sistema de xogo, e cando lles empezou a fallar, non souberon buscar unha alternativa”engadiu.

A vindeira xornada

O próximo partido será tamén fóra da casa. Os do Campus desprázanse ata Mos para xogar, o sábado ás 18.30 horas, un encontro que, a priori, “é entre rivais de similar calidade. Na Liga hai cinco equipos moi por rima e o resto da táboa, os da metade e os da cola, estamos igualados, a diferenza de puntos e de partidos gañados débese só ás circunstancias” explicou Pérez, que enfronta o partido “co mesmo equipo que viaxou a Ferrol, e agardamos non ter ningunha baixa máis ao longo da semana” dixo.