DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Pese a vencer 50-43 ao Maristas de A Coruña

O Campus Universitario feminino non logra o paso á final

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
Marta Casanova DUVI 19/05/2008
O Campus Universitario feminino de baloncesto non acadou o desexado paso á final pese a vencer ao Maristas de A Coruña por 50-43. “A vantaxe de 15 puntos da primeira rolda da eliminatoria pesou demasiado e non puidemos remontala” explicou o adestrador, Roberto Pérez. Sen embargo, o comezo do partido foi esperanzador xa que as do Campus marcharon ao descanso 30-15 “e con boas sensacións, tiñamos en camiño un posto cara a final”. Desgraciadamente, na segunda parte o equipo visitante reduciu as diferencias “centrándose en defender dun xeito máis arriscado e a nós custounos anotar, ademais de que o nivel físico tamén nos pasou factura” comentou Pérez. “Quedamos, polo tanto, fóra do ascenso á liga Autonómica, xa que os dous finalistas acceden directamente” dixo.

Última posibilidade de ascenso

De todos os xeitos, o adestrador solicitará unha praza porque “previsiblemente haberá algunha vacante xa que os dous equipos finalistas, o Calasancias e o Maristas de A Coruña son filiais” que, ao compartir moitos xogadores cos do equipo de categoría superior, “están máis cómodos sen ter un equipo nacional e outro en autonómica” engadiu Roberto Pérez. Mentres se resolve a situación, o equipo seguirá adestrando.