DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O resultado final foi de 53-56

O Campus Universitario perde no último momento ante o Grova de Vigo

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
Marta Casanova DUVI 14/04/2008

O Campus Universitario acumulou, esta xornada, outra derrota ante o Grova vigués. Cun resultado final de 53-56, os do campus estiveron todo o partido por diante no marcador, “cunha pequena vantaxe de dous ou tres puntos constantes” explicou o adestrador, Roberto Pérez. “De todos os xeitos, xa comezamos sen ganas, non tivemos a actitude competitiva necesaria e xogamos sen intensidade nin acerto no tiro” dixo. Foi entón, cando no último cuarto, “perdemos a concentración de todo e o árbitro pitounos moitas faltas, polo que no último minuto anotaron tres tiros libres e fixéronse co partido” comentou, e engadiu que “tiñamos poucos xogadores e ademais, ultimamente adestramos pouco e mal, como moito unha vez á semana, e iso fai que non teñamos ritmo e que o rendemento na pista baixe” concluíu.
A vindeira xornada terá lugar o sábado ás 17.00 horas en Ferrol, ante o Grupo Recimil, un equipo “da metade da táboa, que non se xoga nada, nin opta ao ascenso nin ao descenso, polo que temos esperanzas de que sexa un partido asequible” dixo.