DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Dirixida polo profesor Jose Manuel García Vázquez

A cátedra Eurorrexión afondará na relación entre Galicia e o norte de Portugal

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarría DUVI 27/09/2007
o
En relación coa colaboración académica que manteñen ambas rexións, o Reitor lembrou que España e Portugal intercambian ao ano 1.200 alumnos, mentres que a Universidade de Vigo envía a 16 universidade do país veciño, 50 estudantes ao ano, mentres que recibe 40. Unha relación que se completa coa participación en redes internacionais e en proxectos europeos como o “Proteus” que cunha dotación de 1,4 millóns de euros dedícase á investigación de novos productos a partir da reutilizacións de recursos biolóxicos mariños. Asemade, Albergo Gago, destacou a implicación das administracións española e lusa no Centro de Nanotecnoloxía de Braga e os másteres compartidos por universidades galegas e do norte de Portugal en acuicultura e nanotecnoloxía.
Relacións, que xustifican, afirmou Gago, “a enorme importancia desta liña de colaboración, á que a cátedra intentará dar resposta social e institucional”, mediante a realización de diferentes actividades, como é a organización dun máster oficial en políticas transfronteirizas no espazo europeo.

Actividades da cátedra

Pola súa banda o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, lembrou a importante presenza que a entidade ten en Portugal, onde foi unha das primeiras caixas españolas en crear unha rede de oficiñas e invertir en empresas estratéxicas do país veciño.
En relación cos obxectivos da cátedra que estára dirixida polo Comisionado de Plans Estratéxicos da Universidade de Vigo, José Manuel García Vázquez, o presidente de Caixanova, destacou “a promoción da divulgación da identidade eurorrexional, tanto en Galicia como en Portugal, a investigación sobre asuntos de interese para a integración de ambos territorios, a creación e desenvolvemento de centros de documentación e bases de datos e a creación de redes académicas interdisciplinares no seno das universidades da eurorrexión”.
En definitiva, segundo Fernández Gayoso, “preténdese contribuir a crear un espazo de reflexión e debate arredor da temática da eurorrexión”.

A eurorrexión futuro de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, despois de felicitar aos promotores da iniciativa, afirmou que “a eurorrexión é un presente notable e un futuro excepcional”, para engadir que “é o futuro da cidade de Vigo que precisa dun gran territorio para desenvolver a súa actividade”.
Un aspecto no que tamén incidiu o presidente do Club Financiero Vigo, Jaime Borrás Sanjurjo, que asegurou que a cátedra servirá para coñecer tanto aspectos sociolóxicos como económicos da eurrorexión.
Borrás destacou o papel protagonista que no impulso desta cátedra tivo a anterior cónsul de Portugal en Vigo, Regina Flor de Almeida, así como a magnífica acollida que a proposta tivo por parte da Universidade de Vigo e Caixanova.