Nun relatorio na Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
O catedrático Alejandro Pizarroso abordará as comparacións entre as propagandas electorais española e estadounidense
A pouco máis de dúas semanas para a celebración das eleccións xerais en España e cando o proceso electoral segue o seu curso en Estados Unidos, o catedrático de Ciencias da Información do Departamento de Historia da Comunicación Social da Universidade Complutense de Madrid, Alejandro Pizarroso Quintero, abordará nun relatorio no salón de graos da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación as semellanzas e diferenzas entre a propaganda electoral nos dous países.
La propaganda electoral en las elecciones norteamericanas y españolas. Una visión comparada, é o título da conferencia que Pizarroso ofrecerá o luns 25 de febreiro ás 17.00 horas e na que, desde unha perspectiva comparada, analizará as diferentes estratexias propagandísticas levadas a cabo polos principais partidos políticos.