DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Acada 13 representantes na xunta de persoal e nos comités de empresa de Pontevedra e Ourense

A CIG repite como forza sindical máis votada nas eleccións do PDI 

FETE-UGT logra 11 representantes; CCOO dez; Asociados UVigo sete e AGPTU seis

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Democracia
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarría DUVI 10/05/2019

A Confederación Intersindical Galega, CIG, continuará a ser a formación sindical con maior representación entre o persoal docente de investigador na Universidade de Vigo tras acadar un total de 13 representantes: cinco na xunta de PDI; outros cinco no comité de empresa de Pontevedra e tres no comité de empresa de Ourense. Nas eleccións celebradas nas últimas horas, e nas que emitiron o seu voto un total de 655 persoas das 1702 que estaban chamadas a participar, FETE –UGT acadou 11 representantes; CCOO dez; Asociados UVigo sete e  a Agrupación General de Profesores Titulares de Universidad, AGPTU, seis. 

A Xunta de PDI, conformada por 21 representantes sindicais, quedará integrada por seis representantes de AGPTU: María Vera; José Nicanor Alonso; Marta Cabeza; Pedro Pablo Gallego; Generosa Fernández e Leandro Rodríguez; seis de FETE-UGT: Arturo Parada; Manuela Raposo; José Bienvenido Diez; José Enrique Ares; Miguel González e Francisco Javier García; cinco da CIG: Aquilino Santiago Alonso; María Montero; Xosé Antón Vila; Luis Anido e Gonzalo Méndez e catro de CCOO: Rafael Durán; Patricia Silva Mascuñan; Miguel Alfonso Pallarés e María Carmen Luna. 

Pola súa banda, o comité de empresa de Pontevedra, conformado por 17 membros, estará integrada por cinco representantes de Asociados UVigo: Óscar Ferreiro; Pedro González; Sara María Torres;  María Amada Traba e Xoan Manuel Garrido; cinco da CIG: Marta María Pazos; Luis Lugo; María Mercedes Álvarez Lires; Miguel Cuevas e Iris Machado; catro de CCOO: Javier Lorenzo; Castor Muñoz; Alexandre Pazos e Vicente Romo e tres de FETE-UGT: Begoña González; Ana María Cao e José Antonio Souto. 

Mentres, o comité de empresa de Ourense, que conforman nove representantes, estará integrado por tres membros da CIG: Pablo de Carlos Villamarín; Ana María Iglesias e David Casado; dous de Asociados UVigo: Antonio  Presedo e Antón Lois Fernández; dous de CCOO: Ana María Torrado e Alberto José Barreira e outros dous de FETE-UGT: Miguel Ramón Díaz-Cacho e José Ramón Méndez. 

Votacións de 2019, en detalle

Un total de 334 persoas, das 767 chamadas a participar, emitiron os seus votos para elixir a xunta de persoal de PDI, o que representa unha porcentaxe de participación do 43,55%. AGPTU logrou 95 votos; FETE-UGT 84; CIG 72 e CCOO 56. Emitíronse ademais 20 votos brancos e sete nulos. Na elección das e dos integrantes do comité de empresa de Pontevedra participaron 202 persoas das 702 con dereito a voto, o que sitúa a participación nun 28,77%. Na votación, CIG acadou 61 votos; Asociados UVigo 56; CCOO 43 e FETE-UGT 37; tres votos foron nulos e dous brancos. No caso do comité de empresa de Ourense, votaron 119 persoas das 233 incluídas no censo, o que situou á participación nun 51,07%. Con 36 votos a CIG foi a forza máis votada, seguida de Asociados UVigo con 30; FETE-UGT con 29 e CCOO con 24. Rexistráronse ademais dous votos en branco. 

Respecto das anteriores eleccións…

Respecto da xunta de persoal elixida no ano 2015, AGPTU gañou un representante pasando de cinco a seis; a CIG perde dous representantes, pasando de sete a cinco; CCOO pasa de cinco a catro representantes e FETE-UGT gaña dous, subindo de catro a seis. 

No caso dos comités de empresa, en Pontevedra Asociados UVigo e CIG manteñen, respecto de 2015 os mesmos cinco representantes; CCOO gaña dous e pasa de dous a catro e FETE-UGT gaña un, pasando de dous a tres representantes. STEG que tiña dous representantes, queda sen presenza no comité. Mentres, en Ourense, no comité de empresa, Asociados UVigo perde un representante pasando de tres a dous; CIG gaña un e pasa de dous a tres, mentres, CCOO e FETE-UGT manteñen dous representantes.