DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Celebrarase o venres 16 no salón de actos do edificio de CC Experimentais

Cinbio organiza unha xornada formativa sobre comunicación da ciencia

As persoas interesadas en participar deben inscribirse na web do centro

Etiquetas
  • Estudantes
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Divulgación
  • Investigación
DUVI 07/10/2020

Falar de ciencia e da importancia de difundir os seus resultados. O Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, está a organizar para o vindeiro venres día 16 a xornada formativa Hablemos de ciencia: la importancia de comunicar, unha actividade dirixida ao persoal científico e investigador e na que se contará coa participación de especialistas que tratarán de dar algunhas claves sobre comunicación para o desenvolvemento persoal e a igualdade.

A cita será ás 12.00 horas no salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais e participarán como relatores Mar Ferrero, formadora en habilidades persoais e igualdade, que impartirá a charla Visibiliza y vencerás, e Javier Cebreiros, doutor en Comunicación, escritor e formador, cuxa intervención levará por título Una forma diferente de entender la comunicación

As persoas interesadas en participar nesta xornada deben inscribirse cumplimentando o formulario correspondente na web do Cinbio ou a través do correo electrónico cinbiouvigo@gmail.com. Dada a actual situación sanitaria, regularanse as prazas dipoñibles por orde de inscrición dando prioridade ao persoal do Cinbio, resto de persoal universitario e demais persoas interesadas. O prazo de inscrición manterase aberto ata o vindeiro mércores.