DUVI

Diario da Universidade de Vigo

As sesións prolongaranse durante cinco días

Cincocentos inscritos nas I Xornadas de Medio Ambiente e Dereito Ambiental

Etiquetas
  • Ourense
  • Académica
Mª del Carmen Echevarría DUVI 19/10/2007
530 inscritos participarán desde o luns e ata o vindeiro venres nas I Xornadas de Medio Ambiente e Dereito Ambiental que se celebrarán no salón de actos da Facultade de Ciencias.
Organizadas pola Asociación Medioambiental Universitaria, Syme, e a vicerreitoría de Ourense, as xornadas nas que se abordarán cuestións como os espazos protexidos, a agricultura ecolóxica, a xestión ambiental ou principios xurídicos, están dirixidas a alumnos da Universidade de Vigo, técnicos ambientais e público en xeral.
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, será o encargado de inaugurar as xornadas nas que tomarán parte destacados poñentes como o director de conservación de Adena España, Enrique Segovia, representantes da administración autonómica e responsables e docentes universitarios.
As sesións que se celebrarán todas as tardes a partir das 16:00 horas, desenvolveranse no salón de actos da Facultade de Ciencias.
A celebración destas xornadas, sumada á segunda semana medioambiental desenvolvida no campus e o inicio do POP de dereito urbanístico e ambiental, confirman ao medio ambiente, como o gran protagonista do mes de outubro no campus de Ourense.