DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Este xoves visitaron as instalacións universitarias 26 escolares do CEIP de Seixalbo

A clase de Ciencias Naturais é en laboratorios do campus

Puideron coñecer o traballo que realiza o Grupo de Tecnoloxía dos Alimentos

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Divulgación
  • Visitas
  • Institucional
DUVI Ourense 04/04/2019

26 escolares de sexto curso de Educación Primaria do CEIP de Seixalbo, de Ourense, tiveron este xoves unha clase especial de Ciencias Naturais. Agora que están coñecendo mofos, fermentos e bacterias achegáronse aos laboratorios da Facultade de Ciencias do campus de Ourense para coñecer de primeira man estes elementos e o traballo relacionado con eles que desenvolve o Grupo de Tecnoloxía dos Alimentos da Universidade de Vigo. As súas investigadoras Inmaculada Franco, Sidonia Martínez, Míriam González, Lucía Gómez e Elena Piñeiro explicaron ás e aos escolares dun xeito aplicado e didáctico a implicación destes microoranismos en procesos como a conservación e o sabor e en produtos como o queixo ou os iogures. A iniciativa, explicou Inmaculada Franco, tivo como obxectivo contribuír a fomentar o interese das e dos escolares pola ciencia e polo coñecemento.