DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Unha clase maxistral sobre redacción publicitaria en Ciencias Sociais

Impartida polo profesor da Universidade de Sevilla, Juan Rey

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Académica
Ana Terceiro DUVI 12/11/2007

Este martes, 13 de novembro, a facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra, acollerá a conferencia “Palabras para vender, palabras para soñar, a redacción publicitaria”. Este relatorio será impartido polo profesor Juan Rey, catedrático da Universidade de Sevilla, que expondrá os seus coñecementos e as súas experiencias no ámbito do discurso publicitario.
“O obxectivo desta conferencia é escoitar a un experto en redacción publicitaria que non só aporta a súa visión en común senón que expón o seu punto de vista como filólogo e o seu análise do discurso como obxectivo publicitario”, explicou o organizador da conferencia e profesor da Universidade de Vigo, Pedro Pablo Gutiérrez. “Temos que destacar a importancia e o valor engadido que ten o feito de que profesores de outras universidades españolas e con ópticas diferentes á nosa, veñan á Universidade de Vigo a intercambiar coñecementos e experiencias en torno, neste caso, á mensaxe publicitaria”, engadiu Pedro Pablo.
A conferencia, que terá lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en Pontevedra, comezará as 12:00 horas e será presentada polo representante da Universidade Pedro Pablo Gutiérrez.


O ponente

Juan Rey, filólogo e profesor da Univesidade de Sevilla, tamén é o director do master en Comunicación Empresarial que imparte dita institución e un recoñecido nobelista. Este as súas obras máis destacadas está “Palabras para vender, palabras para soñar”, un libro de referencia sobre redacción publicitaria. Unha das súas nobelas máis atractivas é “El Manuscrito de Omnium Santorum”, nobela finalista do Premio Ateneo de Sevilla.