Tamén se conformaron varias comisións así como os Consellos de Campus
O Claustro celebra a súa sesión constituínte elixindo os membros do Consello de Goberno
Sandra Mª Martínez será a nova presidenta do Consello de Estudantes
Coa constitución da Mesa de Idade como trámite inicial, arrancaba este luns a primeira sesión do novo Claustro da décima lexislatura da Universidade de Vigo xurdido das eleccións do pasado 6 de maio. Formada pola reitora, Carmen García Mateo, a secretaria xeral, Emma Rodríguez, e dous representantes (os de menor e maior idade) por cada un dos sectores, a Mesa de Idade deu paso á elección da Mesa do Claustro. Neste caso, polo número de candidaturas presentadas, tan só foi necesaria a votación no sector PDI-A, resultando elixidas Elena Alonso e María del Mar Rodríguez Domínguez. No resto de sectores non foi precisa votación, de modo que en representación do sector PDI-B, os membros da mesa serán Pablo Hernández e Estefanía Paredes; no sector Estudantes os membros serán Judit Rodríguez e Mateo Sobrino e os dous representantes do PTXAS serán Noelia M. Rivera e Natalia Cabaleiro.
Unha vez conformada a Mesa do Claustro, esta elixiu a Elena Alonso como vicepresidenta e a orde do día continuou coa elección dos membros do Consello de Goberno e tamén dos membros de diferentes órganos, como a Comisión Electoral, a Comisión para o estudo da adaptación estatutaria á LOSU; a Comisión de Reclamacións; os membros dos Consellos de Campus de Ourense e Pontevedra; da Comisión asesora da Valedoría Universitaria e da Presidencia do Consello de Estudantes da Universidade de Vigo (Ceuvi).
Membros do Consello de Goberno
Respecto do Consello de Goberno, foi necesario realizar catro votacións, tres delas por sectores, cunha ampla cantidade de candidaturas, o que segundo a reitora “é síntoma do interese por participar nos órganos colexiados”. No sector PDI-A, os oito membros elixidos son Coral del Río, María Dolores Fernández Fustes, Mercedes Gallardo, Francisco Javier García Cutrín, Alma Mª Gómez Rodríguez, Uxío Pérez Rodríguez, Adela Sánchez Moreiras, Juan Carlos Surís.
Os dous representantes do sector PDI-B serán Manuel Casal Guisande e Estefanía Paredes. Polo sector estudantes, haberá oito representantes: Anxo Gesto, Pedro Lago, Sandra María Martínez, Andrea Moreno, José Luis Núñez Rodríguez, Jennifer Rodríguez Gómez, Pedro Sampaio e Juan Santos. Finalmente, os dous representantes do sector PTXAS serán María del Carmen Álvarez Veleiro e Ana Isabel González Penín.
A estes súmanse 15 representantes escollidos polo Claustro entre as persoas que desempeñan a dirección dos centros, das unidades docentes ou de I+D+i. Foron elixidos Susana Álvarez González, María Dolores Garza, Mª Asunción Longo, Mª Isabel Mociño, Mª Concepción Paz Penín, Mª de los Ángeles Peña, Mª Rosa Pérez Rodríguez, Mª del Carmen Sieiro, Ignacio Bajo Palacio, Enrique Costa Montenegro, José Fariña, Pablo Grande, Jesús Hernández Sánchez, José Carlos López Ardao e Jesús Vázquez Abad.
Comisión Electoral, Comisión de Estatutos e Consellos de Campus
Outros dos puntos da orde do día era a elección dos membros da Comisión Electoral. Neste caso, no sector PDI-A non houbo que celebrar eleccións, xa que se presentaron tres candidaturas para tres postos, que foron para María Dolores Fernández Fustes, Francisco Javier García Cutrín e Francisco Javier Rodríguez Rajo. No caso do PDI-B, tan só se presentou unha candidatura para os tres postos vacantes, a de Manuel Casal Guisande. No caso do estudantado, non se presentaron candidaturas, quedando vacantes tres postos. Solo houbo que proceder á votación no sector PTXAS, resultando elixidos Carina Gámez, Miguel Iglesias Van Der Woude e José Manuel Soñora.
Na sesión tamén se elixiron 33 membros da Comisión para o estudo da adaptación estatutaria á LOSU (quedando dous postos vacantes) e seis catedráticos e catedráticas para a Comisión de Reclamacións. No caso dos Consellos de Campus, en Pontevedra elixíronse cinco representantes do sector profesorado (Eva Mª Lantarón, Mª Elena Martínez Figueira, Cristina Varela, Román Corbato e Uxío Pérez Rodríguez) e un do sector Estudantes (María Sixtina Canabal), quedando catro vacantes. No Consello de Campus de Ourense, polo número de candidaturas presentadas, houbo que realizar votacións nos dous sectores para elixir cinco docentes (Nazaret Blanco, Paula Pérez Rodríguez, Gil Garrote, Rubén González Rodríguez e Francisco Javier Rodríguez Martínez ) e cinco estudantes (Raquel Iglesias, Andrea Moreno, Jennifer Rodríguez Gómez, José Luis Núñez Rodríguez e Manuel Torrecilla). Neste órgano de representación dos campus non é preciso elixir representantes do PTXAS, xa lles corresponde o posto ás dúas persoas máis votadas. No que respecta á Comisión asesora da Valedoría Universitaria elixiuse un representante do estudantado (Juan Santos) e outro do PTXAS (María Cristina Rodríguez Cendón), quedando deserto o posto do representante do PDI por non acadar a maioría requirida.
Sandra Mª Martínez, nova presidenta de Ceuvi
Finalmente, procedeuse á elección da Presidencia do Consello de Estudantes da Universidade de Vigo (Ceuvi). Será Sandra María Martínez Gómez, actualmente presidenta da Delegación de Alumnos/as da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo quen substitúa a Juan Santos á fronte do órgano de representación do alumando.
Na súa intervención apostou por afrontar os retos “con proximidade, comunicación, formación, responsabilidade e, sobre todo, traballando xuntos”. Neste sentido, salientou que dá este paso sabedora de que “ningún proxecto importante se constrúe en solitario. Teño a sorte de presentar esta candidatura xunto a un equipo formado por estudantes dos tres campus que comparten unha mesma forma de entender a representación estudantil: dende o compromiso, o respecto e as ganas de traballar”. Rematou o seu discurso poñendo en valor que “un Consello de Estudantes só pode representar o alumnado cando o alumnado sabe que está aí, coñece o seu traballo e confía en quen o representan. Ese é, precisamente, o reto que temos por diante. E, ao final, todo se resume nunha idea moi sinxela: se non o ven, non saberán quen somos”.
