DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Coa permanencia acadada, o equipo de rugby mídese no último partido da liga ao Cisneros

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
DUVI DUVI 29/02/2008

Coa permanencia acadada na pasada xornada, o Universidade de Vigo de Rugby afronta o sábado o ultimo partido de liga da División de Honra B. Despois de acadar a pasada fin de semana o seu pase á seguinte rolda da Copa Xunta de Galicia, no peche da competición regular enfróntase en Madrid ao Cisneros, terceiro clasificado e sen opcións para disputar a fase de ascenso.
Para este encontro non viaxan a Madrid nin Jon Iker nin Alberto, ámbolos dous tocados, que se unen aos lesionados de longa duración. Deste xeito, ante as ausencias semella que terán un oco no equipo varios xogadores do combinado B nun partido que será arbitrado polo colexiado vasco Gaztelarrutia a partir das 16.30 h.

Categorías inferiores

Pola súa banda, o equipo cadete xoga o sábado ás 12.30 h no campus de Vigo contra o CRAT da Coruña e polo tarde farano os infantís, por mor do sistema de concentración contra outros clubs galegos, sendo esta a primeira vez que se poderá ver neste campo un encontro na categoría infantil. Finalmente, o equipo feminino xoga o domingo ás 16.30 h, tamén en Vigo contra o Mareantes de Pontevedra.