DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Cunha visita este venres dunha decena dos seus membros

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense estreita a súa relación co campus

Entre outros aspectos coñeceron o Programa Universitario para Maiores da UVigo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Institucional
DUVI Ourense 09/05/2025

Este venres unha delegación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense visitou o campus de Ourense. A actividade estivo organizada polo Grupo de Traballo Sénior deste órgano colexial e permitiulle a unha decena dos seus membros coñecer de primeira man as instalacións e servizos da institución académica. As e os participantes foron recibidos por Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, que amosou a súa satisfacción por acoller esta visita e ter a oportunidade de estreitar lazos co citado colexio profesional. O responsable académico foi o encargado de ofrecerlle ás e aos asistentes unha perspectiva global dun campus que, sinalou, “é extraordinario”. Ademais, Alma Gómez, coordinadora do Programa Universitario de Maiores da UVigo en Ourense explicoulles en detalle as características destes estudos e as oportunidades que lles ofrece. Por último, houbo unha visita guiada polas principais instalacións universitarias, como a biblioteca, o pavillón de deportes e edificios de docencia e investigación.